OurenseÚltima hora

Xunta local de seguridade na cidade de Ourense

Na reunión estableceuse a coordinación dos corpos e forzas de seguridade coas institucións competentes e as asociación veciñais
Xunta local de seguridade en Ourense.

A Subdelegación do Goberno en Ourense acollía, na mañá do 7 de novembro, a Xunta Local de Seguridade Local da cidade, copresidida polo alcalde Jesús Vázquez e o subdelegado Emilio González Afonso. Nela, deuse conta do informe de seguridade cidadá no concello de Ourense, informando aos corpos e forzas de seguridade presentes sobre as incidencias e prevención de delitos que afectan á cidade. Así mesmo establecéronse as pautas de coordinación para “levar a cabo unha maior eficiencia na laboura de prevención”. Tamén se analizaron os casos activos de violencia de xénero para levar a cabo a coordinación que o protocolo establece e mellorar e previr os delitos de violencia sobre a muller, así como a o plan de acción a seguir de cara ao Nadal.

Á reunión, tamén asistiron o xefe territorial de Presidencia da Xunta, Manuel Pardo; o comisario xefe do CNP, Juan Carlos Blázquez; o xefe da Policía Autonómica en Ourense, José Antonio Estévez; a xefa da Policía Local de Ourense, María Barrera; a xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación, Mónica Méndez; o concelleiro de Seguridade e Participación Cidadá, F. Carlos Campos; e a AAVV Limiar, a AAVV do Rural e a periferia do Concello de Ouense Miño, a AAVV Ourense Centro, e da Asociación de propietarios de fincas urbanas de Ourense.

O balance do ano 2018 amosou que non houbo datos significativos respecto doutros anos, determinando Ourense como “unha cidade segura”.

Artigos relacionados

Back to top button