A RúaConcellosÚltima hora

Xuntanza de pescadores galegos no Encoro de San Martiño, na Rúa

 

Dunha espectacular mañá de pesca desfrutaban os 15 pescadores galegos que participaban na xuntanza ‘Campionato de pesca al coup’ celebrada este domingo 18 de setembro no Encoro de San Martiño, na Rúa.

Chegados dende A Coruña, Vigo, Ourense e por suposto Valdeorras (membros da SPFV), os pescadores chegaban aos postos ben cedo e ao longo da mañá gozaron da práctica da pesca nas tranquilas augas do encoro. Despois, todos xuntos compartían un xantar no Mesón O Poldo.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as do xantar que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button