EconomíaEconomíaGalerías de fotosOurenseÚltima hora

XVIII Feira de Artesanía de Ourense

A mostra reunía a 35 artesáns de diferentes puntos de España na cidade das Burgas

Xoguetes feitos en madeira, cartón ou papel, xunto con cerámica, pratería, coiro, téxtil ou xabón… Multitude de produtos de artesanía galega e española tomaban as rúas do centro da capital da provincia entre os días 26 de abril e 4 de maio no marco da XVIII Feira da Artesanía de Ourense.

Así na avenida de Pontevedra instaláronse unhas 35 casetas de artesáns procedentes das catro provincias galegas, así como doutras españolas como Murcia, Valencia, as dúas Castelas, Madrid, Euskadi e Aragón.

A mostra, que contou cun completo programa de actividades, foi organizada pola Asociación de Artesáns de Ourense (ADO).

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button