ConcellosTrivesÚltima hora

XXII Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives, do 4 ao 6 de novembro

Exposición de cogomelos na pasada edición das Xornadas Micolóxicas./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Superando xa as dúas décadas o Club Montaña Trives ten preparada a XXII edición das Xornadas Micolóxicas que se celebrarán do 4 ao 6 de novembro.

Como en edicións anteriores, será o concurso da tapa micolóxica o venres ás 18 horas o que marque o inicio desta edición das xornadas. A VII edición participan 15 establecementos de hostalaría trivesa: Boliche, Manolos, Sky, Quintela, O Bodegón, A Cantina do Catro, O Pan da María, O Pazo de San Lorenzo, As Maceiras, O Paíño, O Lar de Alicia, Estación de Montaña Manzaneda, San Martín, A Masía e Experience Truck. Cada tapa ten un prezo único de 1,70 euros e será valorada por sabor e presentación.

 

 

Con todo o sábado será o día principal das xornadas. Ás 9:30 horas terá lugar a tradicional charla no Auditorio Julio Vázquez a cargo da Asociación Micolóxica “Os Cogordos”. Unha hora despois será a saída de campo para recoller cogomelos e para as 14:30 horas está programado o Xantar Gourmet Micolóxico no Restaurante La Viuda. Xa de tarde, de 16:30 a 18:30h. entregaranse os cogomelos recollidos no monte no patio interior da Casa Grande de Trives para a súa identificación, permanecendo expostos ata as 22 horas. A inaguración da exposición estará un ano máis amenizada pola agrupación teatral A Caniceira.

As xornadas rematarán o domingo. De 10 a 18 horas poderá visitarse a exposición de cogomelos e nese momento procederase á entrega de trofeos aos establecementos hostaleiros participantes no VII Concurso da Tapa Micolóxica.

Artigos relacionados

Back to top button