DeportesPiraguismoÚltima hora

XXXI Regata Festa da Empana en Allariz, o 22 de agosto

Esta proba provincial, que reunirá a 152 deportistas, presentábase esta mañá no Concello

 

O Concello de Allariz acollía esta mañá a presentación da XXXI regata provincial de piragüismo de Allariz puntuable para a Copa Deputación 2021, que contou coa presenza da concelleira de Deportes, Elena Suárez, e o presidente do Club de Piragüismo Fluvial Allariz, José Manuel Fernández.

Elena Suárez, destacou as boas condicións que reúne o río Arnoia a seu paso por Allariz para a práctica do piragüismo, e reseñou que esta e unha das moitas actividades que se veñen facendo durante todo o ano na Vila, para acadar pouco a pouco unha boa volta a normalidade. Recalcou que a regata se fará con todas as medidas de prevención e protocolo Covid da federación galega de Piragüismo, e que desde o Concello se velará porque o público asistente cumpra ca normativa vixente e manteña en todo momento a distancia social necesaria, animando a cidadanía a desfrutar deste evento deportivo e da Vila con responsabilidade e “sentidiño”.

Pola súa parte o presidente do club informou de que esta é a quinta regata provincial que forma parte da Copa Deputación de piragüismo 2021 na que hai inscritos 152 deportistas (79 homes e 73 mulleres), na que as categorías pre-benxamín, benxamín e alevín recorrerán unha distancia de 1.000m, os infantís terán un percorrido de 2.000m e os cadetes, competirán nunha distancia de 4.000m. Estando previsto o inicio da competición as 11:00 da maña deste domingo 22 de agosto.
Destacou o feito de que este ano se cumpra o 31 aniversario desta regata, que solo non se poido celebrar o ano pasado pola pandemia, e que nesta tempada se retoma cas devidas precaucións sanitarias.

Así mesmo manifestaba a boa marcha do Club Fluvial Allariz que a día de hoxe ten tramitadas 110 fichas federativas que converte o club de Allariz nun dos galegos con maior número de fichas; o cal e un síntoma da boa marcha do club en canto a masa social se refire.

Artigos relacionados

Back to top button