EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Zona 360, un novo negocio especializado no mundo da bicicleta, en Valdeorras

Situado na rúa Ourense Nº 5 do Barco, mestura deporte e turismo sostible

 

Da man de tres apaixoados do deporte, da natureza e do turismo sostible (David Álvarez, Pablo Diéguez e Marcos Alonso), Valdeorras conta cun novo negocio especializado no mundo da bicicleta. Levaba xa uns días aberto pero era na tarde do 12 de decembro cando Zona 360 se inauguraba oficialmente.

Nun local de grandes dimensións situado na rúa Ourense Nº 5 do Barco de Valdeorras, este novo establecemento vai moito máis alá da venda e reparación de bicicletas. Ten un espazo de exposición (de bicis e todo tipo de material para a práctica deste deporte) e tamén taller, pero entre os diferentes servizos que ofrece están ademais o aluguer de bicicletas eléctricas con rutas guiadas (Pedales Experiences), contando tamén cun estudo de pilates e adestramento persoal para grupos reducidos.

 

Pablo Diéguez amosando o material á venda na tenda.

 

A cousa non queda aí e tamén organizan eventos deportivos. “A nosa idea é ser un punto de reunión para todos os apaixoados deste deporte, organizando actividades varias”, explica Pablo Diéguez, un dos socios do negocio, engadindo que están en pleno Camiño de Inverno a Santiago polo que pretenden axudar ao peregrino en todo o que necesite.  “Traballamos para o territorio e para crear destinos sostibles, facendo proxectos de rutas turísticas, sendeiros e creación de produtos turísticos”, conclúen.

 

Os tres socios e a empregada o día da inauguración.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button