ConcellosÚltima hora

Zona 360 Valdeorras ofrécese para axudar a quen o necesite, especialmente á xente maior, a cubrir as necesidades básicas

Tamén poñen a súa furgoneta de reparto ao servizo dos Concellos e Agrupacións de Protección Civil da comarca

 

Seguindo as ordes do Real Decreto 463/2020 publicado polo Estado de Alarma está pechado ao público, pero dadas as especiais circunstancias ás que nos vemos sometidos en todo o país pola pandemia de coronavirus, dende Zona 360 Valdeorras (O Barco) tomaban unha importante decisión: axudar a quen o necesite, especialmente a xente maior, a cubrir as súas necesidades básicas (mercar medicamentos ou facer a compra), poñendo á súa disposición “a nosa vontade e os nosos medios en forma de vehículos”, din. “Tamén puxemos ao servizo dos Concellos e das agrupacións de Protección Civil da comarca a nosa furgoneta de reparto”, aseguran nun vídeo que facían público a través das Redes Sociais.

Para contactar e solicitar axuda chamar ao teléfono: 604 032 274

 

Artigos relacionados

Back to top button