Galerías de fotosÚltima hora

Zumba solidaria a favor de Cruz Vermella, no Barco

Que Valdeorras é unha comarca solidaria está máis que demostrado. E unha mostra diso dábaa o
cento de persoas que na tarde do 23 de xuño se animaban a bailar na praza Andrés de Prada no Barco na Festa Zumba organizada por Cruz Vermella Valdeorras para recadar fondos.

Dende a organización agradeceron o labor das personas que fixeron do acto “un éxito”, felicitando especialmente ás monitoras Silvia Cuesta, Tamara Martínez e Lucía Hernández, así como ao seu alumnado, “polo gran traballo realizado a beneficio de Cruz Vermella en Valdeorras”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button