DeportesGalerías de fotosÚltima hora

0-9 no partido de fútbol feminino disputado no Aguillón

As rapazas do Rúa-Valdeorras caían por goleada ante as do Villestro, segundo clasificado

Este ano as rapazas do Rúa-Valdeorras non teñen termo medio, resolvendo por goleada tanto as vitorias como as derrotas. A última, tiña lugar na tarde do 4 de marzo no campo de fútbol do Aguillón ante as do Villestro.

Pouco puderon facer as rapazas de Ricardo Basteiro (fóra do campo por sanción) ante as segundas clasificadas que xa marcaban a diferenza cun temperán gol no minuto 2 do partido. Pouco despois chegaban o segundo e o terceiro, rematando a primeira parte co 6-0 no marcador.

Na segunda parte, as valdeorresas disputaron máis o encontro logrando algunha ocasión de cara á portería das coruñesas pero o gol non chegou. Pola contra, o Villestro marcaba outros tres (no 63′, no 66′ e no 82′) que sentenciaron.

Con este resultado (xa perderan na anterior xornada por 0-8 contra Betanzos) as do Rúa seguen baixando posto e xa son décimas. A seguinte cita será no campo do Victoria.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button