ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As 1.150 entradas do botelo do Barco, vendidas nunha hora

O xantar da XVII edición da festa celebrarase o vindeiro sábado no pavillón de Calabagueiros

Unha hora exacta. Ese foi o tempo que tardaron en esgotarse as 1.150 entradas que o Concello do Barco de Valdeorras poñía á venda para a XVII edición da Festa do Botelo que se celebrará o sábado 21 de xaneiro no pavillón de Calabagueiros.

Despois da rapidez coa que se acababan as 950 do ano pasado (esgotábanse en 45 minutos), dende o Concello decidían aumentar o número ata as 1.150 desta edición e aínda así quedou moita xente sen ela. A ese respecto o alcalde do Barco, Alfredo García, presente durante a venda na billeteira do Teatro Lauro Olmo (de 17 a 18 horas do luns 16 de xaneiro), asegurou que “a xente que non poda asistir ao xantar popular por falta de entrada, poderá degustar o botelo nalgún dos restaurantes que o inclúan no menú durante a fin de semana do 21 e 22 de xaneiro”. Estos son Casa Galaica, Agarimo, Pulpería El Dorado, Piquiño Restaurante, Cafetería Restaurante Fernando III e Il Piacere Gastrobar.

Tal como explican dende a venda de entradas, unhas horas antes dábanse un total de 129 números “e chegamos ao 65 co cal vendeuse unha media de 18 entradas por persoa”. Ante este resultado, e aínda facendo o reconto, o alcalde calificaba de “éxito rotundo” o evento, asegurando que intentarán que todo saia o mellor posible.

Fotos: Ángeles Rodríguez

 

Artigos relacionados

Back to top button