En portadaGalerías de fotosÚltima hora

1.500 veciños da Rúa e Vilamartín foron convocados para o cribado poboacional de Covid

As probas de antíxenos realizábanse na tarde deste 3 de febreiro no Pavillón de Deportes do Aguillón

 

Dende as tres da tarde e ata as oito deste mércores 3 de febreiro, o pavillón de deportes da Rúa acolle o cribado poboacional selectivo aleatorio ao que foron citados 1.500 veciños maiores de 18 anos dos concellos da Rúa e Vilamartín de Valdeorras co obxectivo de “detectar casos asintomáticos e coñecer mellor a situación epidemiolóxica destes concellos, onde nos últimos días se ven incrementando a taxa de incidencia”, explican dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Os veciños e veciñas destes dous concellos foron citados vía SMS para acudir ao cribado aleatorio, mediante test de antíxenos, cuxo resultado coñecían no propio pavillón, tralos 15 minutos que require este tipo de test rápido. O Pavillón Deportivo do Aguillón,  xa acolleu o cribado realizado o 13 de decembro. Nesa ocasión, das 1.407 persoas convocadas, realizábase a PCR a 1.065, que é o número de mostras recollidas e analizadas, entre as que se detectaron 6 positivos.

 

 

Mañá, xoves día 4 de febreiro, tamén pola tarde, serán convocados 2.500 banquenses, tamén maiores de 18 anos, no Pavillón de Calabagueiros, no Barco. O sistema elixido para esta mostraxe será tamén mediante test de antíxenos, co que os resultados se coñecerán ao momento.

Fotos: Mónica G. Bellver

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/ningun-positivo-de-covid-no-cribado-realizado-na-rua/

Artigos relacionados

Back to top button