Na mañá do 18 de xullo os presidentes da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, xunto ó Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez, asinaban un convenio de colaboración mediante o cal os organismos provinciais achegan 100.000 euros, financiados ó 50%, para a realización do estudo técnico que permitirá a elaboración da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.
A elaboración deste estudo estará en mans dun equipo multidisciplinar formado por expertos de recoñecido prestixio nas seguintes áreas temáticas: produción agrícola e formas de cultivo, xeografía física, edafoloxía, botánica, patrimonio cultural e produción vitivinícola. O obxecto de estudo axustarase ás determinacións técnicas que establecen as “Directrices Prácticas para a aplicación da Convención do Patrimonio Mundial” e ás que fixe a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. A Xunta de Galicia designará a técnicos especializado para o asesoramento.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil