EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

12 viños valdeorreses, recoñecidos coas Distincións Gallaecia 2022

Publicidade
Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras vén dar a coñecer os viños galardoados nas Distincións da Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia” neste 2022. Os expertos recoñeceron oito viños brancos e catro tintos do noso territorio amparado, dos 97 que se presentaron a concurso. As 12 referencias distinguidas pertencen a oito adegas da comarca.

Así, no apartado de brancos “Gallaecia” distinguiu a Godeval 21, Godeval Cepas Vellas 21, Godeval Revival 20 e Godeval 1986 2018 de Bodegas Godeval; a Joaquín Rebolledo 21 da Adega Joaquín Rebolledo; a A Coroa 21 da Adega A Coroa S.A.T; a Mil Ríos Godello Lías 20 da Adega Terriña e a Cepado Godello Black Edition 20 da Adega O Cepado.

En canto a tintos, as distincións foron a parar a Alán de Val Castes Nobres 20 da Adega Alán de Val; a Trebón Castes Nobres 20 da Adega da Pinguela; a Coroa Ladeira Vella 18 da Adega A Coroa S.A.T e a Lagar do Cigur Crianza 15 de Adega Melillas e Fillos.

Artigos relacionados

Back to top button