CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima hora

123 alumnos realizarán as probas da ABAU na Rúa, do 6 ao 8 de xuño

A Comisión Universitaria de Galicia abordaba nunha reunión as novidades e o horario das probas deste 2023

 

Neste 26 de maio, seguindo a liña habitual de anos anteriores, tiña lugar unha reunión de todas as presidencias e secretarías das 35 comisións delegadas para dar conta das novidades que haberá nas probas de ABAU que terán lugar do martes 6 ata o xoves 8 de xuño de 2023, segundo informa a Comisión Interuniversitaria de Galicia

Por unha banda, convén sinalar as diferenzas nos horarios en comparación con edicións anteriores. Neste sentido comentouse o intercambio do primeiro bloque da tarde entre martes e mércores, e sobre todo os cambios nos horarios para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Pódese consultar o horario completo das probas na seguinte ligazón da páxina web da CiUG: https://ciug.gal/PDF/ABAU2023/abau_%202023_horario.pdf

Ademais, retómase a detección de frecuencias en todas as aulas das 35 comisións delegadas, ao tempo que se lembra que no caso de detectar copia durante un dos exames das probas implica a anulación total da ABAU.

Un total de 12.788 alumnos presentáranse a estas probas en Galicia. Entre as sedes dos exames en Ourense estará o IES Cosme López da Rúa, onde están matriculados para o exame un total de 123 alumnos. En Ourense tamén se realizará a ABAU na Facultade de Dereito, na de Ciencias Empresariais e Turismo, no Edificio Politécnico e nas Facultades de Historia, de Educación e de Traballo Social.

Artigos relacionados

Back to top button