
Petín prepárase para a acoller a IX edición da súa Ruta de Bodegas que se celebrará o sábado 31 de agosto. Esta iniciativa, que organiza a Asociación Cultural Fontegrande, comezará as 20h. e contará cunha quincena de bodegas nas que degustar viño e petiscos.
As entradas (15 euros) poderán mercarse ata o 26 de agosto no Concello de Petín. “A partir dese día xa non se venderán mais entradas, nin tampouco o propio día”, aseguran dende a organización.




