Tras moito tempo sen poder usalo por mor da reforma á que foi sometido, o fútbol volve ao Campo do Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras. Dende as 20 horas do venres e ata o domingo pola tarde dispútase o I Torneo de Fútbol 7 ‘Camiño de Inverno’ organizado polo CD Córgomo coa colaboración do Concello.
Un campionato no que participan un total de 16 equipos de Valdeorras, Quiroga, Viana, O Bierzo,… que disputarán os diferentes encontros ata chegar á final prevista para mañá ás 19 horas.
Na primeira xornada xogábanse catro partidos: Edesa FC-A. VAldeorras e Bar Mokra- 2 Times FC; Tramación-Gato Negro e Rayo Valdeorras-SFC.
Fotos: O SIL.