En portadaSanidadeÚltima hora

197 persoas de entre 50 e 55 anos vacinábanse este sábado no Hospital de Valdeorras

O Distrito do Barco é o que rexistra unha maior porcentaxe de participación (78,80%) nesta xornada en toda a área sanitaria, segundo Sanidade

Unha das persoas vacinadas no Hospital de Valdeorras./ Foto cedida.

 

Das 250 persoas de entre 50 e 55 anos convocadas este sábado para inmunizarse contra o Covid-19 no Hospital de Valdeorras, recibían finalmente a vacina 197, segundo os últimos datos que vén de facilitar a Consellería de Sanidade. Isto supón o 78,80% das persoas convocadas no Distrito Sanitario de Valdeorras.

No Distrito Sanitario de Verín vacinábanse 149 das 200 citadas no Hospital de Verín, o que representa o 74,50%.

No referente ao punto de vacinación de Expourense, na capital da provincia, eran 1.305 as vacinas administradas, sendo 1.700 as persoas que estaban citadas, o que significa unha porcentaxe de participación do 76,76%, segundo os datos de Sanidade.

Deste xeito, os datos amosan que o punto de vacinación onde se rexitraba unha maior participación en canto a porcentaxe dentro da área sanitaria ourensá era o do Barco.

Nesta primeira xornada de vacinación masiva en Galicia un total de 14.734 persoas recibían a primeira dose da vacina. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou durante a xornada as sete áreas sanitarias (entre elas a de Ourense, en concreto, acudía ao centro de vacinación de Expourense) para supervisar as vacinacións e agradecer o traballo dos equipos de todo o persoal involucrado, tanto enfermería, como informáticos, policías locais ou voluntarios de Protección Civil.

Datos finais de vacinación por áreas sanitarias e distritos

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

* As persoas non vacinadas corresponden a contraindicacións maioritariamente.

 

Artigos relacionados

Back to top button