ConcellosÚltima horaViana do Bolo

2 positivos no cribado de Viana, Vilariño e A Veiga no que se recollían 233 mostras

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco vén de facer públicos os resultados do cribado poboacional de coronavirus (proba PCR) realizado na tarde deste mércores 25 de agosto no polideportivo de Viana do Bolo, que estaba dirixido a veciños entre 12 e 39 anos deste municipio, así como aos de Vilariño de Conso e A Veiga.

Neste cribado recollíanse 233 mostras de veciños dos tres municipios, dos que saían 2 positivos.

 

Artigos relacionados

Back to top button