OurenseÚltima hora

20 aniversario do 11-S, un ataque de consecuencias mundiais recordado por O SIL

 

Rozando o mediodía do martes 11 de setembro de 2001 un tras outro, retransmitidos practicamente en directo a través dos medios de comunicación, os atentados das torres xemelgas de Nova York e do Pentágono conmocionaban á sociedade española e ao resto do mundo. Estes sucesos tiveron unhas consecuencias globais que perduran ata os nosos días.

 

 

Naquel momento, o Periódico O Sil non puido quedar alleo a estes sucesos internacionais, máxime tendo en conta que moitas persoas das comarcas da provincia de Ourense, que daquela residían en Nova York e en Washington, viviron e foron testemuñas directas deses feitos. Por iso, apostou, con moito esforzo, por realizar un amplo traballo do que supuxo o 11-S contactando coas persoas, naturais do oriente ourensán, que os presenciaron.

Un traballo que se publicaba na edición en papel do Periódico O SIL de outubro do 2001. Nel contábase como foi o 11-S dentro e fóra das nosas fronteiras e incluíanse diversas colaboracións que analizaban as súas consecuencias ou posibles efectos en ámbitos como o económico, entre outros.

Coincidindo con este vixésimo aniversario dos atentados do 11-S, recuperamos e compartimos esta información cos nosos lectores a través da nosa edición dixital.

 

 

A reportaxe íntegra publicada en papel en outubro do 2001 pode consultarse aquí:

O SIL 64 outubro 2001

Artigos relacionados

Back to top button