Un total de 20 medallas conseguían os karatecas valdeorreses tras a súa participación na II Xornada de Liga Galega celebrada o pasado sábado día 11 de marzo en Ribadavia. O River Stone de O Barco lograba a terceira posición da clasificación de clubs galegos, unicamente con participación na modalidade de kata – o que lle outorga maior mérito –, traéndose a casa un total de 14 medallas; 5 ouros, 2 pratas e 7 bronces. Pola súa banda, o Shotokan A Rúa Karate Club, SHARK, consolidaba o seu primeiro ano de competición autonómica coa obtención de 6 medallas; unha prata e 5 bronces, “un resultado magnífico dada o seu aínda curta traxectoria competitiva”, sinala esta entidade.
Por parte do club do Barco, subíanse todo o máis alto do podio Leo Núñez Macia, en categoría Alevín Masculino Iniciación, Nazan Barreda Fernández en Infantil Masculino Avanzado, Nicolás Rodríguez Domínguez en Xuvenil Masculino Iniciación, Brian Rodríguez Carballo en Xuvenil Masculino Avanzado e Mª Fuensanta Blanco Blanco en Xuvenil Feminino Iniciación. Os segundos postos foron para Álvaro Blanco Blanco en categoría Benxamín Masculino Iniciación e Hugo Álvarez Pérez en Cadete Masculino Avanzado. O terceiro posto do podio estivo reservado en sete ocasións para os karatecas Leyre Paradelo Ambrinos e Laia Yáñez González en categoría Benxamín Feminino Avanzado, Manuel Blanco Blanco e Raúl Pérez Panizo en Alevín Masculino Avanzado, Aina Moral Castro e Cloe Yáñez González en Xuvenil Feminino Avanzado e Enzo Prieto Fernández en Cadete Masculino Avanzado.
Sobresaían tamén os tres quintos postos de Diego López Puey en Alevín Masculino Avanzado, Daniela Rodríguez Fernández en Alevín Feminino Iniciación e Pablo Prada Anta en Infantil Masculino Avanzado. Por parte do club da Rúa, Dylan González Biscaia alzábase coa medalla de prata na categoría Cadete Masculino Iniciación mentres que os cinco bronces restantes outorgábanse a Uxía André Álvarez en categoría Benxamín Feminino Iniciación, Edén Rodríguez Rodríguez en Alevín Masculino Iniciación, Lúa González Vila en Infantil Feminino Iniciación, Lucas García Rodríguez en Infantil Masculino Avanzado e Mateo Núñez Fernández en Xuvenil Masculino Iniciación.
Tamén destacaban os sétimos postos de Cira Fernández Domínguez en categoría Benxamín Feminino Iniciación e Iago Dobao Alonso en Xuvenil Masculino Iniciación. Satisfacción plena e orgullo por parte de os dous clubs de Valdeorras que ven os resultados do traballo dos seus karatecas e as ganas de superarse competición tras competición.
Fotos cedidas polos clubs.