ConcellosÚltima hora

245.600 euros para renovar infraestruturas na avenida da Deputación do Barco

Esta obra será executada nos vindeiros meses e contará con financiamento autonómico
Un dos planos do proxecto.
Un dos planos do proxecto.

As infraestruturas nas dúas marxes da avenida Deputación do Barco (dende a súa intersección con rúa Constitución, ata o regato de Veigadecabo) serán renovadas con construción de novas beirarrúas, asfaltado e creación de novos pasos de peóns, seguindo as características dos tramos deste vial xa executados con anterioridade. Esta actuación será realizada nos próximos meses con financiación da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, segundo se adianta dende o Concello do Barco.

O proxecto foi presentado á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, que solicitou hai uns días ao
Concello diferente documentación para continuar cos trámites necesarios para a execución dos traballos. O custe do estimado da intervención ascende a 245.600 euros.

“O Concello está avanzando para a cesión de terreos en dous puntos da rúa que permitirán incrementar o espazo público dispoñible. Ademais, utilizarase un terro de titularidade municipal nesta rúa para habilitar un aparcadoiro gratuíto que dará servizo tanto ao Cuartel da Garda Civil como á gardería infantil existente no lugar”, tal e como se indica dende esta Administración local.

Tamén se lembra que se trata dun proxecto que “estaba a ser xestionado polo Concello dende hai varios anos e que, coa súa execución, mellorará a accesibilidade tanto para os vehículos como para os peóns”.

Artigos relacionados

Back to top button