EconomíaEconomíaÚltima hora

25 alumnos asisten ao curso sobre Técnicas de Cultivo en Viticultura e Plantación de Viñedo, na Aula Uned da Rúa

O curso comezaba o 22 de novembro e finalizará o 9 de maio de 2020

 

O éxito en anteriores edicións levou á Uned a continuar coa formación na área de viticultura, actualizando e profundizando nos coñecementos aprendidos o pasado ano. Así, un total de 25 alumnos comezaban a pasada fin de semana a terceira edición do curso de Técnicas de Cultivo en Viticultura e Plantación de Viñedo na Aula da Rúa.

Santiago Pérez (Enxeñeiro Técnico Agrícola) abría o programa o venres 22 de novembro, explicando todo o relacionado co mantemento e coidado do solo así como a súa fertilización; mentres que Ricardo Dobao (tamén Enxeñeiroo Técnico Agrícola), completaba a formación o sábado coa elección de variedades e tipo de portaenxertos.

 

Recepción da Aula Uned A Rúa.

 

Dende a Uned destacan que un dos puntos fortes do curso é a súa “estacionalidade”, xa que durante catro fins de semana (ao longo de todo o curso) os 25 alumnos que asistan a clases teóricas e prácticas, adquirirán coñecementos de control de enfermidades e pragas, tratamento do solo, tipos de variedades, poda, fertilización, etc. de forma que “os contidos de cada fin de semana están adaptados á época, para poder así realizar prácticas do aprendido na aula”.

O curso comezaba o 22 novembro e finalizará o día 9 de maio de 2020 coa poda en verde e o desenvolvemento da vide.

Fotos: Aula Uned A Rúa

Artigos relacionados

Back to top button