Mantendo o formato dos últimos anos pero con máis participación se celebra neste domingo 15 de setembro, a Festa das Pandillas, un das citas xa clásica nas Festas do Cristo do Barco que refresaba á praia fluvial do Malecón, á beira do río Sil.
Ata alí se achegaban unhas 350 persoas reencontrándose con vellos amigos e veciños. O apartado musical deste ano corría a cargo de Unión Phenosa, unha das formacións e sons do momento no panorama musical galego creada no ano 2018 co obxectivo de “levar todo tipo de música a todo tipo de lugares e todo tipo de contextos” que facía unha sesión vermú antes de dar paso á petiscada popular seguida dun concerto sobremesa da charanga.
A orixe destea singular xuntanza atopámola no ano 2007, como unha homenaxe ás peñas de amigos da infancia que manteñen o contacto, reuníndose unha ou dúas veces ao ano para lembrar e compartir vivencias. Ao longo dos anos foron aparecendo novas que se sumaban ás catro iniciais chegando este ano ás 25: Peña Saldoira, Coirach@s, PX As baratas, Estrelas da Praza, O Muro do Malecón, Amigos de los Iris, Los Marchosos, VHO+, Panzapegos, Familia Numerosa, Cerveceros do Sil, Me gusta me encanta!, Piolines, Vou feito un cristo, Sintonía O Barco, Chupipanda, Moz@s das festas (Rubiá), Mentor Rural, Prewedding, Divine’s, Men in black, Amigos del Botelo, Os Gazela e Maypa.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.