OurenseÚltima hora

Rubén Riós estrea “Vida” e “Máis ca vida”

A proxección da curta e do documental será o 25 de febreiro no Auditorio de Ourense
Presentación dos proxectos de Rubén Riós "Vida" e "Máis ca vida".
Presentación dos proxectos de Rubén Riós “Vida” e “Máis ca vida”.

A curtametraxe “Vida” e o documental “Máis ca vida”, adicado ás persoas con capacidades diferentes estrearanse o vindeiro xoves 25 de febreiro ás 21 horas no Auditorio de Ourense.

O proxecto, dirixido polo ourensán Rubén Riós, está protagonizado por Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro (ámbolos dous con discapacidade intelectual), e conta coa participación dun colectivo de persoas con capacidades diferentes, así como coa de recoñecidos intérpretes galegos.

“Máis ca vida” recolle dende un enfoque realista e natural todo aquilo que de xeito indirecto contribuíu á creación da curtametraxe “Vida”, que amosa as vidas de dúas familias unidas polo destino a través de sendos membros das mesmas con discapacidade intelectual. O documental recolle, ademais, as testemuñas de persoas con distintas capacidades, así como os ensaios do colectivo, onde se comproban as inquedanzas e alegrías que supuxo esta rodaxe para os discapacitados que participaron nel.

Dirixido polo polifacético Rubén Riós (actor, director, productor), o equipo artístico da curta complétano numerosos actores e actrices galegos, entre os que destacan Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Luis Iglesia ou María Mera entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button