OurenseÚltima hora

288 deportistas de 4 países compiten esta fin de semana en Ourense no nacional de salvamento e socorrismo

Presentación do campionato de salvamento e socorrismo.

 

A cidade de Ourense acollerá esta fin de semana a primeira Spanish Cup-Primeiro Campionato de España Individual Xuvenil, Júnior e Absoluto de Salvamento e Socorrismo, que se desenvolverá durante as xornadas de hoxe, sábado día 10, e mañá domingo día 11, na piscina municipal Rosario Dueñas doPavillón dos Remedios.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o director deportivo da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo, José Miguel Rodríguez Ferrero, presentaron esta competición, de ámbito internacional, integrada no calendario da Federación Europea de Salvamento, coa que se abre o calendario nacional de salvamento e socorrismo.

Participarán 228 socorristas de 3 categorías de 4 países (España, India, Guiné Bissau e Mauritania) e 8 comunidades autónomos, integrados nun total de 38 delegacións. O torneo será retransmitido  por streaming en directo a través de RFESS media.

 

 

O alcalde destacou que Ourense acolleu a última fin de semana de novembro o campionato de España de halterofilia, agora será sede do campionato de España de salvamento e socorrismo, e en xaneiro o será do nacional de karate: “Estamos tendo en Ourense campionatos nacionais de relevo e animo a que este sábado e este domingo os ourensáns que se acheguen para ver un campionato de España da elite, que teremos na cidade a tiro de pedra do centro de Ourense”, manifestou.

Pola súa banda, o director deportivo da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo agradeceu o apoio do alcalde e do Concello para organizar este primeiro Campionato de España individual Spanish Cup, “nun novo formato individual que nos dará 18 novos campións e 18 novas campioas de España”. Rodríguez Ferreiro destacou tamén a calidade das instalacións que acollerán a proba, a piscina municipal Rosario Dueñas: “contar cunha piscina de 50 metros cuberta é todo un luxo”, asegurou.

Artigos relacionados

Back to top button