OurenseÚltima hora

3 alumnos de Franciscanas de Ourense, finalistas na fase galega do concurso “Que é un rei para ti?”

Os traballos amosan mediante a imaxinación, a creatividade, o talento e o esforzo, a particular visión do alumnado sobre a figura do monarca

 

Na xornada deste venres 17 de setembro celebrábase na Escola Galega de Administración Pública em Santiago de Compostela, o acto no que se deu a coñecer o nome do gañador da fase autonómica do concurso Que é un rei para ti? Diego Rodríguez Carril, do colexio CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle de Ourense, proclamouse vencedor en Galicia deste certame, promovido por FIES e Fundación Orange. O alumno gañador asistirá, xunto co resto de representantes doutras comunidades autónomas, a unha audiencia co rei Felipe VI e realizará unha visita ao Palacio Real.

En total tomaron parte do concurso na comunidade galega 1.204 traballos realizados procedentes de 117 centros educativos, resultado, dos que foron seleccionados 40, expostos na Escola, entre os que estan os de tres alumnos colexio Franciscanas de Ourense: Noa Codeso, Iago Muñoz e Carlos Pérez. Os tres cativos recolleron os seus galardónse en Santiago acompañados polos seus profesores Andrea e Gonzalo.

O obxectivo do concurso é fomentar nos nenos e nenas de 8 a 13 anos unha primeira toma de contacto coa figura do monarca, coa historia da Coroa e o seu papel na sociedade actual. Pode participar nel todo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, e de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (alumnado de 8 a 13 anos).

O acto desta 40ª edición é o primeiro en relación a este certame que se realiza de forma presencial no marco da pandemia. Nel, incluíuse a exposición dos 40 traballos finalistas, que amosan mediante a imaxinación, a creatividade, o talento e o esforzo, a particular visión do alumnado arredor da figura do monarca.

Semana Europea da Mobilidade

De forma paralela, os Ecovixiantes de Franciscanas, prepáranse para participar na Semana Europea da Mobilidade, co lema “Pola túa saúde móvete de forma sostible”.

Así, o vindeiro día 22 de setembro celebrarán o Día sen Coches, pero a actividade dos pequenos Ecovixiantes a pé no coidado do Medio Ambiente vai moito máis alá realizando murais de concienciación para tratar de “xerar cambios”.

 

 

Os obxectivos deste programa son promover modos de mobilidade sostibles e seguros para toda a sociedade, adaptados ao contexto viario en que vive o alumnado; e tamén introducir a educación viaria na escola cunha finalidade transformadora que cuestione os modos de mobilidade imperantes e que favoreza a participación do alumnado na elaboración de propostas de mellora que garantan a súa seguridade nos seus desprazamentos e, sobre todo, que promovan modos de mobilidade máis saudables para toda a comunidade.

 

A través de actividades do coidado do medio ambiente, os profesores Gonzalo e Cristina levarán aos Ecovixiantes de maneira sostible dentro do Programa Stars España.

 

Artigos relacionados

Back to top button