DeportesÚltima horaVídeos

30 parellas compiten en Punxeiro (Viana do Bolo) no XXII torneo de bolos celtas

 

Fieis á cita de cada mes de agosto dende hai 22 anos, a localidade vianesa de Punxeiro está a celebrar o seu torneo de bolos por parellas. Unha tradición popular galega posta en valor por Luis Herrera, promotor do torneo de bolos falecido hai uns anos, cuxa memoria honran en cada edición dende o Club de Bolos Punxeiro.

 

 

 

Dende boa mañá e ata ben entrada a noite, un total de 30 parellas, chegadas dende diferentes partes de Galicia (Boiro, Lugo, Camos, Quintela de Edroso, Froxais, Buxán e Punxeiro), compiten por levar un dos premios. Coma sempre, pola mañá disputaban as rondas clasificatorias (seis tiros por parella nos tres campos), e xa pola tarde a competición propiamente dita coas parellas distribuídas segundo a puntuación na ronda previa, nos tres campos: A, B e C. Tamén hai categoría xuvenil e feminina.

 

 

E entre unha e outra fase, degustaban o tradicional xantar que este ano volvían celebran no interior do local social. O ano pasado por mor do Covid facíano ao aire libre.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button