A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras levará a cabo un cribado poboacional selectivo aleatorio en Petín. Así serán citadas unhas 300 persoas, de entre 18 a 74 anos, para realizarse unha proba PCR no Covid-Auto do Hospital Público de Valdeorras, entre mañá xoves, día 22 de abril, e o luns 26. A citación realizarase por SMS.