DeportesMotociclismoÚltima horaVídeos

338 km de especial con moitas dunas, na etapa 2 do Dakar 2022

O piloto monfortino Edu Iglesias facía P 96 no tramo cronometrado da etapa entre Ha'il e Al Qaisumah

 

Eduardo Iglesias, o piloto monfortino que está inmerso no Dakar 2022, vén de concluír a etapa 2 entre as localidades árabes de Ha’il e Al Qaisumah, con 338 kms de especial e ligazóns longas, 183 kms pola mañá antes de empezar e outros 270 ao terminar a etapa para chegar ao bivaouc.

Unha etapa practicamente toda de area con moitas dunas e rápida sen grandes problemas de navegación. “Edu sentiuse cómodo hoxe na etapa despois da caída de onte e sen grandes molestias así que está contento. Mellorou algo na clasificación, hoxe fixo P 96 e está P 104 na clasificación, pero confiado en ir recuperando posicións nos próximos dias”, explican dende o Team Monforte Rally.

 

Edu Iglesias na etapa 2 do Dakar 2022.

 

A etapa de mañá

Etapa 3 – Ao Artawiyah-Ao Qaisumah Ligazón: 187 km – Especial: 368 km. A dose de area do día, de cantidade considerable, conformará a primeira parte da especial. A segunda parte, máis rápida, podería parecer a priori máis alcanzable desde o punto de vista técnico. Con todo, coidado cos cruzamentos continuos de pistas, que poderán inducir a erro e, traer consecuencia, provocar perdas de minutos, retrocesos ou desvíos varios. Tamén será necesaria unha adecuada xestión dos neumáticos.

 

 

Fotos e vídeo: Team Monforte Rally.

Artigos relacionados

Back to top button