
Coa chegada do verán proliferan as festas, con varias nesta última fin de semana do mes de xuño. Unha delas é a que celebran en Viladequinta, no Concello de Carballeda de Valdeorras que na noite do sábado día 27 acollía a 3ª edición da Cea Popular, reunindo a veciños e visitantes en torno á mesa. O baile corría a cargo da Discomóbil A Boa Festa.
Hoxe era a quenda do apartado relixioso, con misa e procesión na honra a San Pedro, e musical con pasarrúas e sesión vermú a cargo da charanga Os Templarios.

Fotos cedidas.

