DeportesÚltima hora

400 deportistas infantís participarán na II Mini BTT “Estacións Vivas” en Baños de Molgas

A proba celebrarase o vindeiro 8 de agosto coa disputa de ata 26 carreiras divididas en 13 categorías, tanto femininas como masculinas

 

Un total de 400 deportistas de entre 5 e 14 anos participarán o vindeiro domingo, día 8 de agosto, na II Mini BTT “Estacións Vivas” que se celebrará en Baños de Molgas, coa disputa de ata 26 probas divididas en 13 categorías tanto femininas como masculinas. Desde as dez da mañá, os participantes percorrerán as dúas rutas deseñados para as diferentes idades, dentro do circuíto permanente de BTT habilitado fronte á estación do ferrocarril.

A segunda edición desta proba foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa asistencia do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias; a xerente do Inorde, Emma González; o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; e o presidente da Fundación ADO Moure, Carlos Moure.

 

Presentación II Mini BTT Estacións Vivas.

 

Artigos relacionados

Back to top button