EconomíaEconomíaÚltima hora

44 proxectos recibirán axudas para implantar melloras no sector mineiro e da rocha ornamental

Estes apoios buscan contribuír á aplicación de tecnoloxías innovadoras e á implantación de melloras técnicas e medidas organizativas para reducir a incidencia da exposición ao po e o ruído

Palé de lousa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución de dúas novas convocatorias dos programas de axudas impulsados pola Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para “mellorar as condicións ambientais e laborais do sector mineiro, así como do sector de elaboración de rocha ornamental. Entre ambas as dúas, os apoios autonómicos suman máis de 1,3 millóns de euros, repartidos entre 44 proxectos: 26 empresas mineiras (entre elas do sector da lousa) cun investimento total de 1.016.839 e 18 de marmoristas –300.000 euros–”.

Desta maneira a Xunta busca “contribuír a seguir impulsando a minaría sostible en Galicia favorecendo a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación de melloras técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contras as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e o ruído. Trátase de promover o desenvolvemento sustentable deste sector que constitúe un importante motor económico para as zonas de Galicia onde se leva a cabo esta actividade de importante impacto socioeconómico”, segundo a administración galega.

Estes incentivos irán destinados a investimentos para “a mellora da calidade do ambiente atmosférico e reducir as enfermidades profesionais, especificamente as que se poidan derivar dunha exposición prolongada ao po e o ruído”. Entre as actuacións subvencionables inclúese a instalación de extractores; a compra de pulidoras de cantos; a reforma de vestiarios, instalacións de lavanderías ou instalación de sistemas de filtrado mediante mangas.

Artigos relacionados

Back to top button