Seguen as mostras de solidariedade en Valdeorras co pobo valenciano. Dende A Rúa informan de que este sábado 9 de novembro “dous veciños voluntariamente sairán cunha furgoneta directos a Paterna, preto de Alfafar, onde se atopa un dos puntos de recollida e distribución de produtos aos afectados pola DANA”.
Dende alí piden mascarillas, guantes e como produtos máis importantes botas de auga e produtos de limpeza que é o que están a recoller en Cool Balea (rúas Doutor Vila e Miguel de Cervantes, 1).
As recollidas serán hoxe mércores día 6, o xoves día 7 e o venres día 8 ata as 22h.)