A obra foi demandada durante anos, nos últimos con todo tipo de mobilizacións
Fóra de prazo (as previsións dicían que as obras poderían comezar no mes de xuño de 2018 de non foi así), pero por fin á Xunta deu luz verde ao fortemente demandado pavillón do CEIP Julio Gurriarán no Barco de Valdeorras. Facíao na sesión do Concello que tiña lugar o 2 de agosto coa aprobaciónd o acordo polo que se autoriza a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello do Barco de Valdeorras, para a realización das obras comprendidas no proxecto “peches laterais, porche e dotación de aseos en pista deportiva cuberta”, por un importe total de 441.424,00 euros.