DeportesPiraguismoÚltima hora

476 padexeiros daranse cita en Augasmestas (Quiroga) no galego de K2 de cateogrías base

A presentación desta competición, que se celebrará o vindeiro sábado, tiña lugar esta mañá no Concello

Publicidade

 

A casa consistorial de Quiroga acollía esta mañá a presentación do Campionato galego de K2 que se desenvolverá o vindeiro sábado en Augasmestas. Esta proba, de categorías base, estará organizada polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e pola Federación Galega de Piragüismo en colaboración co Concello de Quiroga.

Coa celebración deste campionato, o Concello de Quiroga, “aproveitando o río Sil e a paisaxe espectacular de Augasmestas”, quere apoiar o deporte fluvial como fai dende hai anos co fútbol sala e o voleibol ou máis recentemente co parapente. A celebración no mes de xullo da Gold River Race foi, en palabras do concelleiro de deportes, Andrés Novoa, “o principio do achegamento do concello quirogués ao piragüismo”. Novoa tamén aproveitou a presentación para pedir á Deputación Provincial que apoie esta espectacular lugar para poder facer grandes campionatos no deporte acuático.

O delegado de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Cadramón, agradeceu a aposta do Concello de Quiroga polo Deporte e á Federación Galega de Piragüismo a canteira de grandes deportistas que fan que a cultura do piragüismo estea instaurada dende fai moitos anos na provincia, coa satisfacción de tantos podios acadados neste deporte. “É o momento”, dixo, “de que afeccionados e familiares veñan a disfrutar das terras quiroguesas” pero fixo un chamamento ao “sentidiño” para facelo de xeito seguro.

 

 

Martín Carballo, delegado da Federación Galega de Piragüismo, recalcou “as augas incribles da zona sur da provincia que fan que sexa un moi bon lugar para desenvolver esta actividade” á vez que fixo partícipe ao Concello de Quiroga da vontade de darlle un empuxón a calquera deporte que se queira levar a cambo dende esta institución.

O Campionato galego de K2 desenvolverase nas categorías base: prebenxamín, benxamín e alevín, reunirá a uns 476 participantes de 26 clubs de diferentes partes de Galicia. Como explicou a directora técnica do Cidade de Lugo, Valeira Romero, o campionato comezará a partir das 11 da mañá e prolongarase ata a unha e media , con saídas cada 20 minutos.

Artigos relacionados

Back to top button