OurenseÚltima hora

4ª Semana da Empresa e do Emprendedor no IES 12 de Outubro de Ourense

Consta de catro charlas e unha mesa redonda, e desenvolverase ata o venres 8 de febreiro ás 11:30h. no Salón de Actos do instituto
Xornada inaugural da 4ª Semana da Empresa e do Emprendedor no IES 12 de Outubro de Ourense.

Entre o 4 e o 8 de febreiro celébrase no IES 12 de Outubro de Ourense, a 4ª Semana da Empresa e o Emprendedor. Trátase dunha actividade organizada desde os departamentos de Formación e Orientación Laboral e Economía do instituto, que consta de 4 charlas-coloquio informativas sobre diversos aspectos do mundo empresarial e laboral, e dunha mesa redonda con ex alumnos do centro que levaron adiante proxectos empresariais.

O centro conta con tres familias profesionais de ciclos formativos (Imaxe Persoal, Electricidade e Electrónica e Fabricación Mecánica), nos que se imparten ensinanzas encamiñadas á capacitación profesional do alumnado que lles permita o acceso ao mundo laboral. Na xornada inaugural contaron coa colaboración de Montserrat Padrón, coordinadora de Emprendemento e titora do Viveiro de Empresas no CIFP A Farixa, e hoxe, martes día 5 con César González, experto en Márketing e Estratexia Dixital.

Para mañá mércores 6 está prevista a charla de Xosé Rodríguez, asesor xurídico na Confederación Intersindical Galega, e para o xoves 7 a de Alejandro Rodríguez e Iria Pérez, responsables da liña de negocios e técnica de selección na empresa NORTEMPO. O venres día 8 terá lugara clausura, cunha mesa redonda con ex alumnos das diferentes familias profesionais do instituto que se decidiron polo emprendemento persoal (Álex Moreira, instalador electricista; José Seoane, mecánico; Leticia Celaá, xerente de Leticia Celaá Beauty Lounge).

 

Artigos relacionados

Back to top button