Galerías de fotosÚltima hora

50 quilos de castañas no magosto de Vilela

Un ano máis, a asociación de veciños de Vilela, no termo municipal da Rúa, celebraba o seu magosto popular. Pasaban das sete da tarde do sábado 8 de novembro, cando os preto de 130 asistentes comezaban a merenda-cea a base de empanada, bocadillos de chourizo, bica de chocolate e laranxa, viño, licores e café.

E tralo consistente menú, chegaría o prato forte. Para a ocasión preparáronse uns 50 quilos de castañas, asadas nas brasas a carón da carpa instalada para protexer aos comensais das inclemencias do tempo.

Así, malia o intempestivo tempo de outono,os veciños disfrutaron dunha noite de festa onde non faltou a música e o bo ambiente.
Esta é, xunto á celebración das festas do Carme (patrona do pobo) unha das actividades máis destacada que organiza a asociaciación de veciños.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button