EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

53 viños de 19 adegas, na XXII Cata dos Viños de Valdeorras

O acto de entrega de premios terá lugar esta noite nunha cea no Pazo do Castro (O Barco)

Publicidade

 

Ás 10h. da mañá deste venres 9 de xullo comezaban a XXII Cata Oficial dos Viños de Valdeorras, na sede do seu consello regulador, en Vilamartín. Un panel formado por 8 catadores procedía a valorar as 53 mostras (26 de brancos e 27 de tintos) de 19 adegas, presentadas nesta edición. Primeiro realizábase unha precata, seguida dunha cata final na que se decidían os mellores viños.

Este concurso inclúe un total de 7 premios: 3 de brancos, 3 de tintos e unha mención especial de vinos doutras anadas. Estes galardóns entregaranse esta noite no decurso dunha cea do sector do viño valdeorrés que se iniciará áas 21h. no Hotel Monumento Pazo do Castro.

Deste xeito, ábrese un programa de actividades arredor do viño que se desenvolverá na fin de semana 10 ao 11 de xullo e que incluirá un túnel do viño, maridaxes e mesmo un concerto do grupo Broken Peach.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button