
Na xornada deste xoves 5 de agosto continúa a vacinación do grupo de xoves de 20 a 29 anos, máis de autocita de 16 a 19 con primeira dose de Pfizer en quendas de mañá e tarde.
Tal como avanzan dende o Sergas, en Expourense poranse 4.300 vacinas, no Hospital de valdeorras, 560 e no Hospital de Verín 460.
Hoxe tamén haberá VaciCrib voluntario en Expourense mediante proba PCR do que serán informados do resultado vía SMS mañá.