ConcellosPetínÚltima hora

Á venda as entradas para o magosto de Petín que se celebrará o 31 de outubro

 

O Concello de Petín prepárase un ano máis para celebrar o seu particular magosto previsto para o sábado 31 de outubro a partir das 20 horas na Casa da Cultura.

As entradas (2 euros) estarán á venda ata o día 29 nas oficinas do Concello en horario de 9 a 14  horas e incluirán chourizo, pan, viño e castañas asadas. “Non se venderán entradas o día propio do magosto”, destacan dende o Concello.

Back to top button