DeportesMotociclismoÚltima hora

6 pilotos do vindeiro Dakar participarán esta fin de semana na previa do Rally Hispania, en Manzaneda

Hai inscritos máis de 80 participantes de toda a Península Ibérica que recorrerán en moto 206 km polo Macizo Central

 

Percorrer o camiño pero sobre todo desfrutalo. Con esta finalidade chega esta fin de semana á Estación de Montaña Manzaneda, en pleno Macizo Central, a modalidade deportiva “Experiencia Mototurismo”, a terceira proba destas características que se realiza en Galicia.

Tal como adiantan dende a estación, os inscritos nesta proba de navegación en moto rondan xa os 80, polo que se asegura un récord de participación con relación ás dúas probas anteriores. E entre os participantes figuran os tres galegos que sairán na vindeira edición do Dakar, Eduardo Iglesias, Ricardo Suárez e Jesús Silva, aínda que non serán os únicos.

Os consagrados dakartianos Herbert Collin Toscana, Roberto Pedrero e Albert Martín, que volverán tomar parte o mítico rallye do deserto do próximo ano, tamén competirán na proba desta fin de semana, con principio e final en Manzaneda despois dunha ruta de 206 quilómetros, con reposición en Castro Caldelas. Todos eles acoden á proba para afinar a súa navegación e facer horas e quilómetros de moto, pensando en Rally Hispania, que tamén terá lugar en Manzaneda en outubro e que lles servirá a todos eles como adestramento para o Dakar.

O venres 9 de xullo, a partir das 18:30 horas, empezarán as verificacións en Manzaneda ata as 21:30 horas. E xa o sábado terá lugara proba en si. O piloto Suárez Ramilo sairá como peche da proba cun SSV ou buggy.

Artigos relacionados

Back to top button