A RúaConcellosÚltima horaVilariño de Conso

634.358 euros para a rehabilitación sostible do CEIP Manuel Respino da Rúa

Será un dos 7 edificios ourensáns de competencia autonómica cuxas obras serán financiadas co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Estado

Exterior CEIP Manuel Respino da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, aseguraba esta mañá que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiará a rehabilitación sostible de sete edificios de competencia autonómica ubicados en catro concellos da provincia da Ourense. Neste caso, a través do Programa de Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) impulsado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e que mobilizará 7,5 millóns de euros na provincia.

Entres eles figuran o CEIP Manuel Respino da Rúa, cunha intervención que suporá un investimento de 634.358 €, e o Complexo de recepción de visitantes do Parque Natural do Invernadoiro, un investimento de 833.327 €.

 

 

“Estamos ante unha nova mostra de como o Goberno de España colabora coas autonomías na execución do Plan de Recuperación e un exemplo de cogobernanza na súa xestión”, destacou o delegado. E sinalou que no caso de Galicia, o Ministerio e a Xunta acordaron o listado de obras e o tipo de actuacións a financiar, fundamentalmente para a mellora da comodidade de persoas usuarias e traballadoras, a eficiencia enerxética e a accesibilidade. A Xunta, neste caso, é a encargada de contratar as obras e completar o investimento necesario e o pago de impostos, ata mobilizar un total de 33,2 millóns de euros, dos que o Goberno de España achega 27,3 millóns.

José Miñones detallou que este importante paquete de actuacións xa está en marcha en moitos dos casos polo que o seu impacto xa se está a ver nas vilas e cidades nas que se ubican estos servizos. En concreto, cinco das sete actuacións na provincia da Ourense desenvólvense en centros educativos públicos, aos que se destinan 6,2 millóns de euros do total, “e que impactarán na calidade da ensinanza dos nenos e nenas que estudan nestes centros”, sinalou José Miñones.

O listado complétase coa mellora de dous edificios administrativos. En concreto, dos centros de recepción de visitantes dos parques naturais do Invernadoiro e da Serra do Xurés.

 

Artigos relacionados

Back to top button