ConcellosQuirogaRibas de SilÚltima hora

7 establecementos de Quiroga e 3 de Ribas de Sil participarán na ruta “Val de Quiroga de Tapas”

O concurso gastronómico desenvolverase entre o luns 18 e o martes 26 de marzo e cada tapa custará 2 euros

 

O vindeiro luns 18 de marzo comeza o concurso de tapas de Quiroga que este ano ven con dúas novidades. A primeira delas é o nome pasando a chamarse Val de Quiroga de Tapas dada a incorporación de novos establecementos do concello veciño de Ribas de Sil.

A outra das novidades é o prezo incrementándose en 50 céntimos con respecto a edicións anteriores co que quedarán en 2 euros a tapa. Dende a concellaría de Xuventude, organizadora do evento, xustifícase este incremento “que pedían os establecementos participantes en que terán máis marxe para presentar ao concurso tapas de máis calidade”.

O concurso desenvolverase entre o luns 18 e o martes 26 de marzo e nesta edición son dez os establecementos participantes, sete de Quiroga e tres de San Clodio. A tapa que cada establecemento presenta a concurso deberá estar a disposición do público consumidor entre as 12 e as 14:30 e as 19 e as 22:30. “Os propios consumidores serán quen decidan coa súa votación cal é a tapa gañadora. Para elo terán que cubrir un tapacartón co selo de todos os establecementos que concursan e que se poñerá cada vez que o cliente deguste a tapa concursante e unha vez totalmente cuberto votarán á que ao seu xuízo merece ser a gañadora do concurso”, ta como explican dende o Concello de Quiroga.

O establecemento gañador recibirá unha placa conmemorativa e 100 euros en metálico. Pero ademais os participantes que completen a degustación das tapas e voten á tapa que máis lles gustou entrarán nun sorteo no que poden gañar diferentes premios.

O sorteo dos premios e a tapa gañadora saberase a semana seguinte á Semana Santa, cando se abran as urnas e se faga o reconto de votos, dun concurso que nesta edición busca máis participación e movemento entre os dous concellos.

Artigos relacionados

Back to top button