DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

75 nenos asisten ao II campus do Pizarras Tres Cuñados FS que remata este vernes 6 de setembro

 

Dende o luns 2 de setembro ata o venres día 6 (de 10 a 14 horas), un total de 75 nenos dende a categoría prebenxamín (2018) ata cadete (2009) participan no II Campus de Fútbol Sala do Pizarras Tres Cuñados que se desenvolve nas instalacións do pavillón municipal de Calabagueiros e do CEIP Julio Gurriarán.

 

 

Con 8 monitores ao cargo dos diferentes grupos, ao longo da semana os cativos están aprendendo, xogando e sobre todo desfrutando das diferentes actividades, con clases de fútbol sala pero tamén saídas ao parque, paradas para hidratación e visitas, como a que realizaba o martes a presidenta de Cruz Vermella Valdeorras, Mariví Núñez, para dar unha charla sobre primeiros auxilios. Mañá, xoves día 5 recibirán a visita de Jorge Valcarce, fisio do equipo de Preferente do Tres Cuñados, licenciado en CAFD, readaptador e preparador físico en Clínica Vázquez, que dará unha charla sobre quecemento e estiramentos antes e despois da actividade física.

 

 

A clausura desta edición do campus será o venres día 6 ás 13:30 horas, coa entrega de medallas e diplomas conmemorativos, na que esperan contar coa presenza do alcalde e do concelleiro de Deportes do Barco, Alfredo García e Aurentino Alonso.

 

Artigos relacionados

Back to top button