OurenseÚltima hora

80 cativos celebran o Día da Árbore plantando bidueiros e castiñeiros no parque dos Carrís, na Valenzá

 

Na mañá deste martes 21 de marzo, uns 80 cativos de terceiro de primaria dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro plantaron árbores de diferentes especies (bidueiros e castiñeiros), no parque dos Carrís, na Valenzá, para conmemorar O Día da árbore. Ademáis, leron e recitaron poemas polo Día da Poesía.

Esta actividad didáctica, e ao mesmo tempo de concienciación, foi organizada conxuntamente polas concellerías de Medio Ambente e Educación, coa colaboración dos colexios, coa intención de converter o día de hoxe nunha aprendizaxe para os nenos e as nenas co fin de transmitir valores de respeto ao seu entorno e á natureza.

Deste xeito, os cativos aprenderon hoxe a plantar unha árbore e tamén, ao pé de cada un puxeron unha táboa cunha frase de poemas de Rosalía de Castro ademais da súa pegada.

 

 

Ao acto asistiron, en representación do goberno local, a concelleira de Educación, Cultura e Comercio e diputada provincial, Marga Pérez; a tenente alcalde, Victoria Morenza; o concelleiro de Deportes, Abel Cortés e, a concelleira de Igualdade, Elisabet González, que amosaron coa súa participación, unha vez máis, o compromiso deste Concello co Medio Ambente, o cambio climático e a cultura.

Esta actividade, que tivo como protagonistas aos máis cativos, foi elixida polo Concello como acto central deste día e lanza unha mensaxe institucional de “mentalización sobre a importancia da conservación dos bosques destacando que é fundamental a necesidade da súa protección”.

Artigos relacionados

Back to top button