O Parque da Praza de Abastos de Trives convertíase nun espazo de creatividade, xogo en galego e diversión para os máis pequenos na tarde do 17 de maio. Nesta zona da vila dábase continuidade ao mural iniciado o pasado ano tamén coincidindo coa celebración das Letras Galegas.
Os nenos, pero tamén algúns maiores, pintaban debuxos sobre a parede branca e tamén fermosas palabras en galego, tal e como pode verse nestas imaxes.
Fotos: Concello de A Pobra de Trives.