SanidadeÚltima hora

A Fundación Neuroburgas celebra a súa festa fin de curso en Ourense

25 rapaces desfrutaron de xogos, merenda e actividades cos profesionais cos que traballan a diario na Fundación
Festa fin de curso na Fundación Neuroburgas.

A sede da Fundación Neuroburgas, en Ourense, acollía na tarde do 22 de xuño a súa tradicional “Festa fin de curso” adicada aos rapaces que ao longo do ano participan nalgún dos programas que a Fundación tén en marcha e aos outros pacientes que reciben algún tipo de tratamento no Centro de Neurorrehabilitación.

Tal como explican dende a Fundación, os rapaces “desfrutaron dunha tarde aderezada con xogos, merenda e actividades lúdicas coas que quixemos desexarlles a todos un feliz verán” aos 25 os nenos que participaron. “Unha parte deles son pacientes habituais de Neuroburgas e outros están a participar no I Proxecto Socioeducativo “Convivindo coas miñas capacidades”, unha serie de programas de apoio educativo e promoción da autonomía persoal, dirixido a rapazas e rapaces con daño neurolóxico que estean actualmente escolarizados nos niveis educativos de Primaria e a ESO”, puntualizan dende Neuroburgas.

Esta “Festa Fin de Curso” forma parte do Programa de Ocio e Tempo Libre da Fundación Neuroburgas Dano Neurolóxico. Durante a mesma, os nenos e nenas desfrutaron tamén dunha merenda saudable coa que se pretende ademáis inculcarlles hábitos alimenticios saudables, coma comer froita. Ademáis da comida, tamén desfrutaron de xogos coma os aros e o pañuelo e maquillaxe de festa.

Artigos relacionados

Back to top button