O sindicato CCOO vén de presentar no Concello do Barco un escrito “avalado por 588 sinaturas” no que se lle pide a esta Administración local a subrogación dos traballadores da piscina climatizada. Membros da central sindical, xunto con nove traballadores despedidos, veñen de entregar este documento no que se insta ao Concello a paralizar todo proceso que permitiría a Viaqua abandonar a concesión”, ademais de “iniciar as negociacións para garantir a continuidade de todos/as traballadores das piscinas municipais cubertas nunha nova concesión”.
Tamén se lle pide ao Concello do Barco un calendario “realista” de prazos de licitación da nova concesión e subrogación dos traballadores e realización das obras de mellora da piscina municipal cuberta”.