Intepretaba o seu espectáculo “Afiando con humor” na noite do 13 de xullo nesta vila
Vestido de afiador, á antiga usanza, e cos instrumentos propios deste oficio presentábase Sergio Pazos na noite do 13 de xullo ante o público trivés, que enchía o Auditorio Julio Vázquez. Daba comezo así ao seu espectáculo “Afiando con humor”, un monólogo no que, apoiándose no humor e na retranca, facía un percorrido pola actualidade.
Esta actuación ten sido organizada pola Concellería de Cultura de Trives, a través da Rede de Auditorios Provincial de Ourense (reaOU), e formaba parte da programación de verán deste municipio.
Fotos: Concello de A Pobra de Trives.