ConcellosÚltima hora

O Concello de Viana do Bolo convoca o concurso para elixir o cartel do Entroido 2019

Os traballos poderán presentarse ata o 7 de xaneiro do 2019 e o fallo farase público a partires do día 10 dese mesmo mes
Boteiros no Domingo Gordo do Entroido de Viana do Bolo./ Foto: Mónica G. Bellver.

Co vista posta no vindeiro Entroido, o Concello de Viana do Bolo vén convocar unha nova edición do concurso para escoller a imaxe do cartel oficial co que se promoverá esta tradicional celebración no 2019.

As bases están disponibles na pàxina web do concello www.vianadobolo.es .O premio nesta edición será de 350 € e os participantes terán ata o día 7 de xaneiro do 2019 para presentar os seus traballos co lema “ENTROIDO 2019. VIANA DO BOLO. Do 21 de Febreiro ao 6 de Marzo”.

“Esperamos unha boa participación veciñal como en anteriores ocasións, para darlle a máxima difusión ao noso Entroido”, sinalan dende o Concello de Viana do Bolo. O fallo do xurado farase público na xa mencionada páxina web do Concello a partir do día 10 de xaneiro.

Artigos relacionados

Back to top button